Quenes somos

Galenergy é unha empresa española que forma parte do Grupo Breoenergy. Somos especialistas no desenvolvemento, deseño, construción, explotación e mantemento de plantas de xeración eólica e fotovoltaica. Traballar con tecnoloxías innovadoras permítenos maximizar o rendemento das instalacións mediante o desenvolvemento óptimo das diferentes etapas.

 

O noso obxectivo é lograr o desenvolvemento integral das zonas rurais e das súas xentes mediante a posta en marcha de proxectos respectuosos co medio ambiente. Por iso, ofrecemos apoio ao crecemento industrial e á I+D+i. O compromiso coas súas persoas e co medio ambiente son o motor do desenvolvemento de proxectos ecolóxicos e innovadores.

RESPONSABILIDADE AMBIENTAL

15 MW en fase de desenvolvemento final (posta en servizo en 2022), cunha xeración prevista de 25 GWh/ano, equivalente ao consumo de 7.839 vivendas e que evitará a emisión de 6.500 TnCO2.

165 MW en fase de desenvolvemento medio (posta en servizo 2023-24), cunha xeración prevista de 471 GWh/ano, equivalente ao consumo de 144.132 vivendas e que evitará a emisión de 119.400 TnCO2.

65,5 MW de enerxía eólica e fotovoltaica en fase de desenvolvemento inicial, cunha xeración prevista de 176,2 GWh/ano

GRUPO BREOENERGY

BREOENERGY é o holding de actividades enerxéticas e xestión de residuos do Grupo ALJAN, que abrangue diferentes áreas do sector das enerxías renovables, a xestión de residuos e a biomasa a través das súas participadas e colaboradores.

Aventoa SL y Breotécnia SL son sociedades participadas polo grupo Breoenergy, que teñen como finalidade a promoción de proxectos eólicos na provincia de Pontedra, e que contan cunha potencia proxectada de 15 MW na fase final.